Agora reciclar ten premio!

Forma parte da Tropaverde e obtén recompensas polas túas accións responsables. Que é Tropaverde?

Elixe a tua TROPA

Que é Tropaverde?

Tropaverde é unha plataforma web que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais.

A web tropaverde.org conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo:

  • a cidadanía
  • os lugares onde os cidadáns e cidadás podemos depositar residuos e onde nos premiarán con cheques da Tropaverde
  • aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran aportando agasallos e/ou descontos

Como funciona Tropaverde?

O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo (nos lugares que se indican no apartado Gaña estrelas da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas o cidadán ou cidadá pódeas ir acumulando na súa conta (previa alta de balde na web) para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado Recompensas. As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran coa plataforma.

Realiza accións responsables

Entrega os teus residuos nas instalacións de reciclaxe axeitadas.

Obtén estrelas

Recibe puntos e méritos polas túas accións. Máis accións responsables, máis estrelas.

Troca por recompensas

Cambia as túas estrelas por agasallos e goza facendo as cousas ben.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando